¡Benvenida/o a Lánzate a Descubrir!
Boas boas!
Benvid@s a tod@s ao noso blog, Lánzate a Descubrir; un espazo onde atoparedes infinidade de información sobre como achegar ás nenas e aos nenos máis pequenos a diferentes contornos. Centrarémonos no Monte Santa Tegra, un lugar cheo de vida, de historia e con moitas memorias por descubrir a través dos seus castros, petróglifos...
Pero antes de nada, imos presentarnos. Somos tres alumnas de 3º de Educación Infantil da UVigo; nós seremos as encargadas de deseñar infinidade de actividades para crianzas do segundo ciclo de EI. A continuación poderedes descubrir un pouquiño máis sobre cada unha de nós:
Eu son… Lucía, teño 21 anos e son dun pequeno pobo da provincia de Pontevedra chamado Portas. Considérome unha persoa moi familiar e amigable, encántanme os animais, as verbenas, pasar tempo con amigos e coa familia, os xogos de mesa, a música e sen dúbida… as nenas e os nenos.
Olaaa!! Eu son Nataliaa, teño 21 anos e son de Valga, un pobo ao norte da provincia de Pontevedra. Encántanme os animais e a natureza, así como viaxar, a fotografía e a cociña. Tamén valoro moito o tempo coa miña familia e amig@s.
Ola ola aventureir@s! Estades listxs para LANzarvos con nós? Pois preséntome brevemente, eu son Ana e son a pequena do grupo. Teño 20 anos e son da Guarda, ese pequeno pobo mariñeiro onde se atopa o Monte Tegra. Son unha persoa moi familiar e aberta; encántame viaxar e a festa, pero tamén a tranquilidade de compartir tempo na casa cos meus amigos e coa familia. Ademais, son unha apaixonada dos peques e do balonmán. Sen dúbida, se algún día me queredes buscar, estarei nun lugar cheo de praias e con moita calor. Ah! E outra curiosidade sobre min: poderíame pasar días falando sobre o meu pobo, estou namorada del, das súas paisaxes, da súa xente, da súa gastronomía, das súas praias, do seu monte, do seu porto...
A agora que xa nos coñecedes un pouquiño mellor, é o momento de comezar a descubrir unha das marabillas que hai en Galicia: o Monte Santa Tegra, que, para quen non o saiba, é un dos lugares máis visitados da nosa comunidade.
Agardamos que esteades cun gran espírito aventureiro, porque neste momento comeza...
¡¡¡LÁNZATE A DESCUBRIR!!!

Comentarios
Publicar un comentario