Nun pequeno pobo mariñeiro, limítrofe con Portugal, hai millóns de anos, no século IV a.C., comezaron a escribirse historias a través da súa xente, dos seus petróglifos, das súas construcións, das súas tradicións, das súas festas... A Guarda , no suroeste da provincia de Pontevedra, é o lugar escollido por numerosas persoas para gozar das súas vacacións percorrendo o seu rechamante porto pesqueiro, o Castelo de Santa Cruz, as súas longas praias, pero sobre todo o seu monte. Este é un dos lugares máis emblemáticos do pobo e un dos puntos máis visitados de Galicia, non só porque desde aquí se obteñen unhas impresionantes vistas á Desembocadura do Río Miño e a Portugal, senón tamén polo seu valor arqueolóxico e relixioso, ademais do xa nomeado valor paisaxístico. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural . Destaca polo seu poboado castrexo, un dos exemplos de cultura ca...